ENTROIDO 2014

martes, 4 de marzo de 2014

 
Un ano máis celebramos no noso colexio "Virxe Milagrosa" unha divertida festa de Entroido coa participación dos nenos e nenas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
Este ano eliximos un tema moi divertido como é "O mundo acuático".
 
 
Os mestres traballaron arreo para elaborar unha morea de disfraces como por exemplo: mexillóns, medusas, polbos, peixes, sereas e neptunos, buzos, rás, tartarugas e ata pingüíns chegados do polo. Despois de percorrer as rúas do noso pobo disfrutamos dos postres típicos destas datas.
Pasámolo moi ben e o tempo axudounos bastante.
 
Premede no seguinte enlace http://photopeach.com/embed/14a9dog" e observade o ben que o pasamos.
 
 
NORABOA RAPACES!