O luns 18 de novembro o colexio Virxe Milagrosa celebrou o día do magosto. Durante esa semana o alumnado de sexto de Educación Primaria traballou este tema dende varias materias. Por un lado dende a aula de ABALAR realizaron unha presentación en Power-Point e dende a materia de plástica adornaron cadansúa castaña.
A partir das doce e media cada curso baixou o patio traseiro para recoller as súas castañas. Temos que agradecer o esforzo do ANPA do noso colexio, xa que, traballaron arreo na súa elaboración.
Pasámolo moi ben, xa que, o tempo acompañounos e puidemos disfrutar dunha variedade de xogos tradicionais.



0 comentarios:
Publicar un comentario