O venres 29 de novembro os alumn@s de sexto de Educación Primaria visitaron una marabillosa exposición de dinosaurios no IFEVI (Vigo).
Tivemos a posibilidade de gozar de moitísimas réplicas de dinosaurios con movemento e voz accionados con células fotoeléctricas. Aproximadamente unhas 50 réplicas son a tamaño real entre as que non falta por suposto o temido e coñecido Tyrannosaurus Rex coñecido polas innumerables películas e debuxos animados.
![]() |
En DAYS OF THE DINOSAUR tivemos a oporutnidade de revivir como era a nosa terra na época dos dinosaurios, xa dende a súa entrada á mostra: a viaxe comeza nun cuarto escuro en forma de Caixa, una "máquina do tempo" onde retrocedemos 250 millóns de anos cara ao pasado a era Mesozoica.




0 comentarios:
Publicar un comentario