EXPOSICIÓN DINOSAURIOS

viernes, 29 de noviembre de 2013

O venres 29 de novembro os alumn@s de sexto de Educación Primaria visitaron una marabillosa exposición de dinosaurios no IFEVI (Vigo).
Tivemos a posibilidade de gozar de moitísimas réplicas de dinosaurios con movemento e voz accionados con células fotoeléctricas. Aproximadamente unhas 50 réplicas son a tamaño real entre as que non falta por suposto o temido e coñecido Tyrannosaurus Rex coñecido polas innumerables películas e debuxos animados.
 
En DAYS OF THE DINOSAUR tivemos  a oporutnidade de revivir como era a nosa terra na época dos dinosaurios, xa dende a súa entrada á mostra: a viaxe comeza nun cuarto escuro en forma de Caixa, una "máquina do tempo" onde retrocedemos 250 millóns de anos cara ao pasado a era Mesozoica.

 

 
 

MAGOSTO 2013

jueves, 21 de noviembre de 2013



O luns 18 de novembro o colexio Virxe Milagrosa celebrou o día do magosto. Durante esa semana o alumnado de sexto de Educación Primaria traballou este tema dende varias materias. Por un lado dende a aula de ABALAR realizaron unha presentación en Power-Point e dende a materia de plástica adornaron cadansúa castaña.



A partir das doce e media  cada curso baixou o patio traseiro para recoller as súas castañas. Temos que agradecer o esforzo do ANPA do noso colexio, xa que, traballaron arreo na súa elaboración.
 
Pasámolo moi ben, xa que, o tempo acompañounos e puidemos disfrutar dunha variedade de xogos tradicionais.


 

 

HALLOWEEN

miércoles, 30 de octubre de 2013

 
 
 
O día 30 de outubro os alumn@s de sexto de Educación Primaria  do colexio "Virxe Milagrosa" celebramos o día de Halloween, tamén coñecido como a Noite de Difuntos ou a Noite das Meigas.
 
 
 
Traballamos arreo dende as distintas materias para decorar tanto a nosa aula como as ventás e corredores do colexio. Tamén elaboramos cabazas de diferentes formas, tamaños e cores vistosas.
 
 
O día acompañounos e puidemos disfrutar moito. Ata fixemos un desfile de disfraces polo patio traseiro dende 1º de Educación Primaria ata 4º de Educación Secundaria. Mentres desfilamos os mestres de inglés (Sonia, Cristina, Xavier e César) encargábanse de elixir un disfraz gañador en cada curso.
 
No noso curso o gañador foi Alejandro. Parabéns!!!

Aquí tedes un pequeno resumo do ben que o pasamos.
 
 

DESPERTA! OUTRA MIRADA É POSIBLE

jueves, 19 de septiembre de 2013


SENSIBILIDADE:

  • Atender ó que nos rodea e aprender a valoralo.
  • Empatizar co outro en diferentes situacións.
  • Gozar e disfrutar do cotiá.
  • Sentir compaixón, tenrura e humanidade.
  • Descubrir a beleza e ter gusto artístico.

OBXETIVO XERAL:

"Educar a sensibilidade como a capacidade de despertar, permanecer alerta e comprometernos ante todo o que acontece o noso arredor".


BENVIDOS O NOVO CURSO ESCOLAR 2013/2014


Ola nenos e nenas!

Comeza un novo curso escolar!

Preparados/as?

As vacacións chegaron o seu fin e vamos iniciar o novo curso con novas enerxías e sobre todo con moitas ganas de traballar e de aprender cousas novas. Xa estamos en sexto! Cómo pasa o tempo...! Espero e deséxovos que a volta o "colexio" sexa divertida para todos.
Atrás quedarán os días de descanso, de levantarse tarde, de sestas, xogos... Agora toca retomar o hábito de madrugar e ir o colexio con ilusión e dispostos a esforzarnos no noso quefacer diario. A praia e a piscina cámbianse polas aulas e os pupitres. Pero, non vos preocupedes, todavía queda verán para disfrutar os fins de semana.
Este Blog, como xa sabedes, é un espacio para reforzar e ampliar os contidos traballados na clase mediante actividades e xogos… e tamén podedes deixar os vosos comentarios! Espéranos un bo curso cheo de emoción, diversión e aprendizaxe. Aproveitemos o tempo o máximo!

Recordade sempre:
Atentos apréndese
Aprender é divertido